O Concello da Coruña subvencionou varios dos nosos proxectos na cidade a favor de nenos, nenas, mozos e familias en situación de exclusión social.
O apoio prestado polo ente público foi o seguinte:
Na convocatoria de “Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades sociais sen ánimo de lucro destinadas a actividades ou proxectos de interese social 2023”, subvencionouse o Proxecto Creciendo con 2.498,00 €.
Por outra banda, na convocatoria de “Subvencións para actividades ou proxectos de interese social en materia de igualdade e diversidade” subvencionouse o Proxecto Acompañando con 2.528,78 €.
O Proxecto Crecendo é un servizo gratuíto que desenvolvemos en Valencia, Alacante, Castelló e A Coruña co obxectivo de ofrecer un servizo de intervención especializada con menores infractores aos que non se pode responsabilizar.
O Proxecto Acompañando é un servizo integral de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de vulnerabilidade, especialmente para aquelas que asumen en gran medida todas as labores de crianza e coidado dos seus fillos, é dicir, familias monoparentais ou nucleares onde a maior parte da crianza e as tarefas de coidado recaen sobre as mulleres.